Monday 13 de May de 2024

Cómo viaxar sen sair da casa? visita virtual ao Museo Valle-Inclán


 

Por responsabilidade e solidariedade social todos, nós e vós, QUEDÁMONOS NA CASA. Nesta circunstancia excepcional, estando comprometidos cá labor comunitaria e cá democratización do coñecemento, dende esta semana e mentres dure a actual crise sanitaria, ofertaremos unha iniciativa recreativa pensada para facer máis levadío o día a día ás persoas que consulten este medio.

Cada xornada abriremos a colección patrimonial do Museo Valle-Inclán para ofrecervos unha escolma dos seus fondos. Seremos un MUSEO VIRTUAL para un público non presencial. Viaxaremos xuntos sen saír da casa.

Con esta sorte de colección ou de colaboración diaria descubriremos ARTE e CULTURA inspirada para poñer en valor a Ramón del Valle-Inclán, xenio e figura da literatura mundial.

Grazas á colaboración do persoal municipal que se compromete a levar adiante esta iniciativa ―abrir esta institución a tódalas olladas curiosas en tempos de peche― e, en especial tamén, a que os titulares do dereito de propiedade intelectual de obras de arte da súa autoría nos facilitan a súa distribución, a partires de mañá, comezaremos a sementar lecer, imaxes, letras e cultura.

Desfrutemos xuntos e compartamos os contidos.

Sexamos positivos e sigamos esta colección: o noso (e voso) MUSEO VIRTUAL.